Xunta de Galicia – A exposición itinerante ‘Galiciadixital’ achega por primeira vez as novas tecnoloxías aos hospitais


Contidos da exposición itinerante

O visitante somérxese nun mundo dixital a través de proxeccións e xogos en 3 dimensións como por exemplo as Cidades do Camiño, visualización de imaxes panorámicas de 360º nunhas pantallas que colgan do teito, onde cada usuario pode realizar paseos virtuais xirando a pantalla coas súas mans por aquelas cidades por onde discorren os diversos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela.

Axóuxere é un canciño robotizado que fala galego e interactúa coa xente. En modo automático o can atende a comandos de voz para que xogue coa súa pelota. E así ata oito contidos diferentes que permiten ao visitante gozar dunha experiencia nova e divertida.

Aerodeslizadores por Compostela é un xogo que consiste nun descenso pola zona histórica dunha cidade galega virtual, nun futurista aerodeslizador. Nesta carreira enfróntanse dous xogadores subidos nos seus correspondentes aerodeslizadores. Cada xogador moverá a súa táboa mirando ás opcións correspondentes para alcanzar a máxima velocidade e así gañar a carreira.

desde Xunta de Galicia – A exposición itinerante ‘Galiciadixital’ achega por primeira vez as novas tecnoloxías aos hospitais.

Portal (multilingüe) de Galicia Dixital

Crea tu propio sitio web gratis en WordPress.com.Crear tu propio sitio web.
Empezar gratis